top of page

Estes son os espectáculos que artellou o grupo para o ano 2023:
 

en concerto
En escenario e con loxística de luz e son, é a proposta máis completa de Leña Verde, que integra:

- música folk vocal e tamén instrumental que se move entre a tradición case espida e arranxos máis elaborados, tal e como reflicte o último traballo discográfico publicado polo grupo.

- participación do público, tanto a través das pezas bailables coma do canto colectivo.


concerto ÍNTIMO
Adaptación do concerto a espazos que permiten unha maior proximidade (teatros pequenos, salas, lugares singulares...). Inclúense todos aqueles temas que poden ser interpretados sen grandes montaxes de infraestrutura, xogando coa cercanía e coa interacción co público.
 

acústico
Animación de rúa cunha amplificación sonora mínima, procurando o contacto directo co público e favorecendo a súa participación activa co canto e co baile.

quinteto e cuarteto
Formacións de carácter tradicional integradas por dúas gaitas, tamboril, bombo (e acordeón, no caso do quinteto).

bottom of page